Entradas

LUZ, SCRATCH E ACCIÓN! 2º Ciclo

Imagen
 Ao longo deste curso, todo o alumnado do centro participou nun proxecto común no ámbito STEAM: a creación dunha maqueta colaborativa dunha cidade sostible . Na etapa de Infantil , traballouse a importancia das zonas verdes , o reciclaxe , os composteiros e outros elementos relacionados coa horta escolar . Estes conceptos foron abordados de forma manipulativa e vivencial, adaptándose aos intereses e necesidades do alumnado máis pequeno. En Primaria , o proxecto desenvolveuse por ciclos: O primeiro ciclo centrouse nos transportes sostibles , analizando as vantaxes de diferentes medios de transporte respectuosos co medio ambiente. O segundo ciclo afondou no estudo da electricidade , traballando como se xera, consumía e podía ser utilizada de forma eficiente. O terceiro ciclo dedicouse ás vivendas sostibles , investigando materiais, formas de aforro enerxético e solucións intelixentes para a vida cotiá. A robótica educativa tamén estivo presente en cada ciclo, adapt...

OS PULMÓNS DAS CIDADES SOSTIBLES – STEAM cos ananos de infantil

     Unha cidade sostible é aquela que busca un equilibrio entre o desenvolvemento económico, social e ambiental, mellorando a calidade de vida dos seus habitantes sen comprometer os recursos naturais para as futuras xeracións.       Unha cidade sostible caracterízase pola xestión eficiente dos recursos, a mobilidade sostible, espazos verdes, construcións sostibles, inclusión social, adaptación ó cambio climático e participación cidadá.  Así, este ano no ámbito STEAM, e en relación co ODS11: Cidades e comunidades sostibles, quixemos abordar este tema e concienciar aos nosos pequenos e pequenas, así como o resto da comunidade educativa. Cada ciclo centrouse nun destes aspectos, sendo en infantil os encargados de abordar as zonas verdes e a reciclaxe.       É moi importante dispoñer de zonas verdes nas cidades, xa que estas son capaces de combater a contaminación atmosférica e os niveis de calor e ruído; e brindan oportunidades p...

TRANSPORTES, PROGRAMACIÓN E CONSTRUCCIÓN . MAQUETA DUNHA CIDADE SOSTIBLE

Imagen
  No proxecto “ Maqueta dunha cidade sostible”, o alumnado de 1º e 2º traballou ao longo dos tres trimestres nun proxecto global centrado no deseño e creación dunha  cidade sostible . Este proxecto combinou coñecementos de ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas (STEAM), fomentando a creatividade, o pensamento computacional e a concienciación ambiental.   A proxecto organízouse en tres fases, unha para cada trimestre: -         No primeiro trimestre centrámonos no estudo das diferentes fontes de enerxía que empregan os diferentes tipos de transportes que podemos atopar nunha cidade e a pegada de carbono que deixan no planeta. Coñecemos diferentes tipos de enerxía que poden usar para moverse descubrindo que existen fontes de enerxía limpas(renovables) e sucias(non renovables). Construimos medios de transportes sostibles con legos e material de refugallo e coñecemos conceptos básicos sobre  a programación e a súa importanci...

STEAM 2024 (Terceiro ciclo)

Imagen
Aprendendo a Construír unha Carrilana no Ámbito de Aprendizaxe STEAM Este ano vivimos unha experiencia fascinante dentro do ámbito de aprendizaxe STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas). Esta vez, embarcámonos nun proxecto que non só puxo a proba as nosas habilidades técnicas e creativas, senón que tamén nos ensinou valiosas leccións sobre traballo en equipo e perseveranza. O reto? Construir unha carrilana! Que é unha Carrilana? Para aqueles que non estean familiarizados co termo, unha carrilana é un vehículo de inercia, xeralmente sen motor, que se desliza por unha pendente. Construir unha carrilana implica entender principios básicos de física e mecánica, así como aplicar conceptos de deseño e creatividade. Paso a Paso no noso Proxecto 1. Introdución ao Proxecto: Comezamos cunha sesión introdutoria onde explicamos que é unha carrilana e mostramos algúns exemplos. Para entender ben este concepto, achegámonos as máquinas simples e as máquinas compostas, dun xeito teó...

Os ananxs do cole no IV Congreso educativo educods 2030

Imagen
Durante os días 4, 5, 6 e 7 de xuño celebramos o IV Congreso EducOds 2030. Os ananxs de infantil participaron no congreso durante a xornada do Venres 7. Algúns dos momentos vividos ó longo da mañá poden apreciarse no seguinte video.

Segunda tarefa do ámbito steam en infantil. As carrilanas: un coche sostible.

Imagen
  Na segunda tarefa do ámbito steam os ananos do cole investigamos sobre os diferentes medios de transporte que circulan pola nosa contorna analizando o impacto que xenera cada un deles no planeta. A través do conto “Vehículos e medios de transporte“ percatámonos da importancia que desempeñan para a sociedade non só para desprazarnos senón tamén para desempeñar certos traballos. Vimos que existen medios de transporte que se moven por aire, terra e agua analizando como afecta o uso de cada un para o noso medio ambiente. Con respecto ós medios de transporte de auga, experimentamos con cousas que flotan e se funden e analizamos cales poden ser os medios de transporte acuáticos máis sostibles como a barca, velero e piragua. En canto aos medios de transporte terrestres percatámonos que os máis sostibles son a bici e o patinete pero temos que contarvos que descubrimos uns coches sostibles: AS CARRILANAS. Os ananos do cole tiveron a oportunidade de sentir as carrilanas fabricadas ...

PRIMEIRA TAREFA: "ENXEÑEIROS EN OBRAS PÚBLICAS"

Imagen
Comezamos este novo curso cunha nova tarefa do ámbito steam na que os protagonistas foron os ananos do cole de infantil. O obxectivo da tarefa foi mellorar a zona de coches do patio dos nosos soños volvendo a pintar o circuito de seguridade vial para un bo uso dos recursos cos que conta este recuncho do patio. Para iso, investigamos acerca de señais de tráfico e o seu uso na rúa. Asimesmo, tamén falamos da prevención de accidentes e situacións de risco. Unha vez que nos convertemos en expertos do tema, puxemonos mans a obra. Tiñamos unha misión: mellorar a zona de coches do noso patio. Recollemos ideas entre todos de cómo nos gustaría que fose converténdonos en enxeñeiros en obras públicas. Deseñamos en equipo diferentes planos de circuitos onde se recollese todo o aprendido ao longo da tarefa. Seguidamente pedimos axuda ás nosas familias para que nos axudasen a facer o noso soño realidade. Deixamosvos por aquí un video para que poidades ver como foi o proceso desta tarefa. Esper...