OS PULMÓNS DAS CIDADES SOSTIBLES – STEAM cos ananos de infantil

    Unha cidade sostible é aquela que busca un equilibrio entre o desenvolvemento económico, social e ambiental, mellorando a calidade de vida dos seus habitantes sen comprometer os recursos naturais para as futuras xeracións. 

    Unha cidade sostible caracterízase pola xestión eficiente dos recursos, a mobilidade sostible, espazos verdes, construcións sostibles, inclusión social, adaptación ó cambio climático e participación cidadá. 
Así, este ano no ámbito STEAM, e en relación co ODS11: Cidades e comunidades sostibles, quixemos abordar este tema e concienciar aos nosos pequenos e pequenas, así como o resto da comunidade educativa. Cada ciclo centrouse nun destes aspectos, sendo en infantil os encargados de abordar as zonas verdes e a reciclaxe. 

    É moi importante dispoñer de zonas verdes nas cidades, xa que estas son capaces de combater a contaminación atmosférica e os niveis de calor e ruído; e brindan oportunidades para a actividade física e a interacción social. Ademais, o acceso ás zonas verdes é un dereito da infancia. 

    Así, no primeiro trimestre, visualizamos diferentes fotografías e vídeos que nos levaron a reflexionar e charlar; experimentamos coa natureza e plantamos sementes, que logo pasaron a formar parte da horta do cole, en colaboración cunha experta na materia. 
    Aquí un resumo destas actividades: 



    A tarefa final do ámbito STEAM para este curso era a realización dunha maqueta que representase unha cidades sostible, de maneira coordinada con tódolos ciclos, e na que plasmásemos a nosa parte traballada. No segundo trimestre, a realización da maqueta abarcou a maior parte do tempo, pero a través de estacións de aprendizaxe, tamén nos quedou tempo para tratar conceptos relacionados coas árbores galegas, a reciclaxe e a arte. 
    Aquí outra mostra das diferentes propostas:




    Xa no terceiro trimestre, chega a celebración do V Congreso ODS no que mostramos a tarefa final e diferentes xogos e propostas que tratamos nos outros trimestres. Así, o alumnado desfruta dunha xornada de xogo, mentres interactúa coa comunidade educativa, xa que calquera se pode achegar e preguntar e desfrutar connosco do aprendido durante o curso. 

    Podedes ver aquí un resumo da nosa participación no congreso:



Comentarios

Entradas populares de este blog

LUZ, SCRATCH E ACCIÓN! 2º Ciclo

STEAM 2024 (Terceiro ciclo)