PRIMEIRA TAREFA: "ENXEÑEIROS EN OBRAS PÚBLICAS"




Comezamos este novo curso cunha nova tarefa do ámbito steam na que os protagonistas foron os ananos do cole de infantil.

O obxectivo da tarefa foi mellorar a zona de coches do patio dos nosos soños volvendo a pintar o circuito de seguridade vial para un bo uso dos recursos cos que conta este recuncho do patio.

Para iso, investigamos acerca de señais de tráfico e o seu uso na rúa. Asimesmo, tamén falamos da prevención de accidentes e situacións de risco.

Unha vez que nos convertemos en expertos do tema, puxemonos mans a obra. Tiñamos unha misión: mellorar a zona de coches do noso patio. Recollemos ideas entre todos de cómo nos gustaría que fose converténdonos en enxeñeiros en obras públicas. Deseñamos en equipo diferentes planos de circuitos onde se recollese todo o aprendido ao longo da tarefa. Seguidamente pedimos axuda ás nosas familias para que nos axudasen a facer o noso soño realidade.

Deixamosvos por aquí un video para que poidades ver como foi o proceso desta tarefa.

Esperamos que vos gustase!

Comentarios