TRANSPORTES, PROGRAMACIÓN E CONSTRUCCIÓN . MAQUETA DUNHA CIDADE SOSTIBLE

 

No proxecto “ Maqueta dunha cidade sostible”, o alumnado de 1º e 2º traballou ao longo dos tres trimestres nun proxecto global centrado no deseño e creación dunha cidade sostible. Este proxecto combinou coñecementos de ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas (STEAM), fomentando a creatividade, o pensamento computacional e a concienciación ambiental.

 

A proxecto organízouse en tres fases, unha para cada trimestre:

-       No primeiro trimestre centrámonos no estudo das diferentes fontes de enerxía que empregan os diferentes tipos de transportes que podemos atopar nunha cidade e a pegada de carbono que deixan no planeta. Coñecemos diferentes tipos de enerxía que poden usar para moverse descubrindo que existen fontes de enerxía limpas(renovables) e sucias(non renovables). Construimos medios de transportes sostibles con legos e material de refugallo e coñecemos conceptos básicos sobre a programación e a súa importancia no día a día e o consumo responsable. O alumnado creo mensaxes para unha cidade sostible en SCRATCH.

-       No segundo trimestre, construimos a maqueta da cidade sostible, distribuíndo as responsabilidades por niveis educativos:

o   Infantil: deseño de zonas verdes e sistemas de reciclaxe.

o   1º e 2º de Primaria: sistemas de transporte sostibles.

o   3º e 4º de Primaria: iluminación eficiente da maqueta.

o   5º e 6º de Primaria: deseño de vivendas intelixentes (domótica).


-       Por último, no terceiro trimestre traballamos na organización do V Congreso Educativo, no que se presentou a maqueta e a historia interactiva á comunidade educativa. Este evento permitirá ao alumnado amosar o seu traballo e compartir as aprendizaxes adquiridas, promovendo a conciencia colectiva sobre a sostibilidade.

 

Aqui deixamos dous videos- resumo de como se desenvolveu o trballo no 1º ciclo.





Video - resumo do V Congreso EDUCODS.


Comentarios

Entradas populares de este blog

OS PULMÓNS DAS CIDADES SOSTIBLES – STEAM cos ananos de infantil

LUZ, SCRATCH E ACCIÓN! 2º Ciclo

STEAM 2024 (Terceiro ciclo)