LUZ, SCRATCH E ACCIÓN! 2º Ciclo

 Ao longo deste curso, todo o alumnado do centro participou nun proxecto común no ámbito STEAM: a creación dunha maqueta colaborativa dunha cidade sostible.

Na etapa de Infantil, traballouse a importancia das zonas verdes, o reciclaxe, os composteiros e outros elementos relacionados coa horta escolar. Estes conceptos foron abordados de forma manipulativa e vivencial, adaptándose aos intereses e necesidades do alumnado máis pequeno.

En Primaria, o proxecto desenvolveuse por ciclos:

  • O primeiro ciclo centrouse nos transportes sostibles, analizando as vantaxes de diferentes medios de transporte respectuosos co medio ambiente.

  • O segundo ciclo afondou no estudo da electricidade, traballando como se xera, consumía e podía ser utilizada de forma eficiente.

  • O terceiro ciclo dedicouse ás vivendas sostibles, investigando materiais, formas de aforro enerxético e solucións intelixentes para a vida cotiá.

A robótica educativa tamén estivo presente en cada ciclo, adaptándose ao nivel do alumnado:

  • No primeiro ciclo, utilizouse o tren Intelino e as Bee-Bot, traballando a programación mediante códigos de cores e pequenos retos.

  • No segundo ciclo, creáronse historias interactivas con Scratch Junior, desenvolvendo a creatividade e o pensamento lóxico.

  • No terceiro ciclo, traballouse con Scratch e placas Micro:bit, programando solucións para vivendas domóticas que formaron parte da maqueta final.

A continuación deixamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado de 3º e 4º:


E unha lista de reproducción na que se poden ver todas as historias creadas en Scratch JR.



O proxecto culminou no congreso STEAM do centro, onde se expuxo a maqueta final da cidade sostible e realizáronse pequenos obradoiros nos que o alumnado amosou todo o aprendido ao longo do proceso.

Un traballo en equipo cheo de aprendizaxes, reflexión e creatividade!

Comentarios

Entradas populares de este blog

OS PULMÓNS DAS CIDADES SOSTIBLES – STEAM cos ananos de infantil

STEAM 2024 (Terceiro ciclo)