Segunda tarefa do ámbito steam en infantil. As carrilanas: un coche sostible.

 


Na segunda tarefa do ámbito steam os ananos do cole investigamos sobre os diferentes medios de transporte que circulan pola nosa contorna analizando o impacto que xenera cada un deles no planeta.

A través do conto “Vehículos e medios de transporte“ percatámonos da importancia que desempeñan para a sociedade non só para desprazarnos senón tamén para desempeñar certos traballos.

Vimos que existen medios de transporte que se moven por aire, terra e agua analizando como afecta o uso de cada un para o noso medio ambiente.

Con respecto ós medios de transporte de auga, experimentamos con cousas que flotan e se funden e analizamos cales poden ser os medios de transporte acuáticos máis sostibles como a barca, velero e piragua.

En canto aos medios de transporte terrestres percatámonos que os máis sostibles son a bici e o patinete pero temos que contarvos que descubrimos uns coches sostibles: AS CARRILANAS. Os ananos do cole tiveron a oportunidade de sentir as carrilanas fabricadas pola rapazada de primaria do noso cole así como tamén construíron mini carrilanas para poder levar a cabo de forma lúdica carreiras de carrilanas. É moi doado de construílas.


Animadevos a ver o seguinte vídeo e veredes como desfrutamos investigando acerca de todo o comentado!

Esperamos que vos guste!







Comentarios