Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 5º E 6º DE PRIMARIA

STEAM 2024 (Terceiro ciclo)

Imagen
Aprendendo a Construír unha Carrilana no Ámbito de Aprendizaxe STEAM Este ano vivimos unha experiencia fascinante dentro do ámbito de aprendizaxe STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas). Esta vez, embarcámonos nun proxecto que non só puxo a proba as nosas habilidades técnicas e creativas, senón que tamén nos ensinou valiosas leccións sobre traballo en equipo e perseveranza. O reto? Construir unha carrilana! Que é unha Carrilana? Para aqueles que non estean familiarizados co termo, unha carrilana é un vehículo de inercia, xeralmente sen motor, que se desliza por unha pendente. Construir unha carrilana implica entender principios básicos de física e mecánica, así como aplicar conceptos de deseño e creatividade. Paso a Paso no noso Proxecto 1. Introdución ao Proxecto: Comezamos cunha sesión introdutoria onde explicamos que é unha carrilana e mostramos algúns exemplos. Para entender ben este concepto, achegámonos as máquinas simples e as máquinas compostas, dun xeito teó...

XOGAMOS? ROBOTIZÁNDONOS CO SER HUMANO. TAREFA 1 DE 5º E 6º DE E.P.

Imagen
A primeira tarefa de STEAM en 5º e 6º consistiu en afianzar o coñecemento do corpo humano.  Combinando a gamificación, o traballo cooperativo, a robótica, a destreza manual, a investigación, a resolución de problemas...e a realidade aumentada coas tarxetas de Body Cards!!! As regras do Xogo insisten no traballo en equipo, con o que se traballa a organización, o respeto, a escoita e a participación de todos os membros. O obxectivo do Xogo é completar a silueta do corpo humano coas partes que se conseguen resolvendo os distintos retos:     1.- Os participantes debuxan sobre un papel a silueta humana co contorno dun membro do equipo.     2.- Sortean un número do 1 ao 11 para decidir o reto.     3.- Programan o robot para que chegue á casilla correcta.     4.- Debaixo de cada número hai unha tarxeta co reto sobre contidos do corpo humano. Para superamos poden buscar información nas body cards, nas fichas colgada...

LECTURA COMPARTIDA DA HISTORIA DOS FOGUETES

Imagen
 

AS MÁQUINAS DE GOLBERG DE 5º E 6º DE PRIMARIA

Imagen
  O obxectivo principal da nosa 1ª tarefa foi deseñar e construir unha máquina de Goldberg empregando distintos materais para conseguir regar unha planta. Antes de saber o que tíñamos que facer, observamos unha mesa con distintos materiais e  coa rutina rutina de pensamento “Vexo, penso, pregúntome” .imaxinamos e fixemos conxecturas sobre para que íamos empregar ese material. Despois a través dunha lectura compartida descubrimos en que consiste o reto STEAM. En equipo escollemos o material e  probamos, experimentamos e pensamos como podemos formar reaccións en cadea mentras cubrimos unha folla de rexistro do que vai funcionando. Elaboramos un plan de construcción secuenciando os pasos e construímos un prototipo revisando os criterios establecidos de tempo e dimensións da máquina. O probamos, revisamos e observamos se hai erros para pensar unha solución. E para rematar construimos a máquina  final e a presentamos en gran grupo explicand...

RETO A MÁQUINA DE GOLBERG EN 5º E 6º DE PRIMARIA

Imagen

FORMACIÓN DE EQUIPO II

Imagen
Continuamos formando os equipos, dos que xa decidimos o nome, así que agora toca facer o logo e o lema. Para deseñar o logo empelamos a estructura coopertiva "Folio xiratorio"onde todos/as poñen a súa aportación. A continuación inventamos un lema que os apoiará, motivará e animará para traballar e sentirse grupo, sobre todo nos momentos decisivos. Para rematar a xornada facemos a lectura "Teño que decidirme" onde observarán que as decisións tomadas en grupo son mellores e máis eficaces que as tomadas individualmente. Trátase dunha historia de supervivencia onde os alumnos/as terán que decidirse por uns obxectos concretos en lugar de outros, argumentando sempre a decisión. Primeiro individualmente elixirán os obxectos e despois consensuando co equipo decidirán os que realmente son os mellores para superar con éxito a misión. Aquí podedes escoitar aos portavoces argumentando as súas decisións:

FORMACIÓN DE EQUIPOS I

Imagen
Comezamos a mañá recordando a sesión anterior e cunha dinámica para continuar creando vínculos, favorecendo as relacións, o coñecemento mutuo e a distensión dentro do grupo, "A tea de araña". Novamente en círculo lanzamos o nobelo a un compañeiro/a dicindo o seu nome, quen o agarre ten que dicir cal cre que é a súa habilidade, virtude ou talento para traballar en equipo e volver a lanzalo. Así imos formando unha tea de araña onde todos e todas somos importantes para sostela, simplemente con que un solte o nobelo, a tea desfaise, reflexionamos que para que o traballo en equipo funcione é importante e necesario a colaboración de todos/as. En asamblea falamos de que imos estar durante todo o ano nos mesmos equipos e que imos que ter que por o mellor de nós e saber ver o mellor de cada un. Falamos dos roles dos equipos e das súas funcións. Seguimos formando os equipos de traballo, repartindo roles e enchendo o caderno de equipo. Para decidir o nome do equipo facemos a dinámica...

DINÁMICAS DE PRESENTACIÓN

Imagen
Unha vez constituído o grupo de 5º e 6º de primaria que rotará polos distintos ámbitos durante todo o curso, toca coñecernos un pouquiño máis e establecer vínculos. Comezamos cunha dinámica de presentación moi doada para aprender o nome de todos os compañeiros/as e crear un bo clima, "A Pelota". En cículo imos pasando a pelota e cada participante dice o seu nome, o que máis lle gusta e tamén recorda o que foron dicindo os seus compañeiros/as. A continuación seguimos cunha lectura para reflexionar sobre que todos e todas temos algunha virtude ou habilidade importante para traballar en equipo e para preparlos e sensibilizalos en traballar de maneira cooperativa. Despois de reflexionar sobre a lectura facemos un xogo con posits onde individualmente cada alumno/a escribe a súa/as virtude/s, talento/s ou habilidade/s na parte interior do posit que quedará oculta para os demais, e así na outra parte do posit os seus compañeiros/as escriben virtudes, talentos os habilidades que c...