XOGAMOS? ROBOTIZÁNDONOS CO SER HUMANO. TAREFA 1 DE 5º E 6º DE E.P.

A primeira tarefa de STEAM en 5º e 6º consistiu en afianzar o coñecemento do corpo humano. Combinando a gamificación, o traballo cooperativo, a robótica, a destreza manual, a investigación, a resolución de problemas...e a realidade aumentada coas tarxetas de Body Cards!!! As regras do Xogo insisten no traballo en equipo, con o que se traballa a organización, o respeto, a escoita e a participación de todos os membros.

O obxectivo do Xogo é completar a silueta do corpo humano coas partes que se conseguen resolvendo os distintos retos:

    1.- Os participantes debuxan sobre un papel a silueta humana co contorno dun membro do equipo.

    2.- Sortean un número do 1 ao 11 para decidir o reto.

    3.- Programan o robot para que chegue á casilla correcta.

    4.- Debaixo de cada número hai unha tarxeta co reto sobre contidos do corpo humano. Para superamos poden buscar información nas body cards, nas fichas colgadas na sala e nos libros do corpo humano da biblioteca do cole.

    5.- Superado o reto, o máster lles entrega unha peza para colocar na silueta.

    6.- O Xogo termina cando o robot chega á meta e a silueta está completa.


Podedes ver un vídeo co material preparado no espazo de traballo: https://www.instagram.com/tv/CVNKh2vol7a/?igshid=MDJmNzVkMjY=


E aquí tedes a programación da tarefa: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/system/files/ROBOTIZÁNDONOS%20CO%20SER%20HUMANO.docx_.pdf





Comentarios