FORMACIÓN DE EQUIPOS I

Comezamos a mañá recordando a sesión anterior e cunha dinámica para continuar creando vínculos, favorecendo as relacións, o coñecemento mutuo e a distensión dentro do grupo, "A tea de araña".
Novamente en círculo lanzamos o nobelo a un compañeiro/a dicindo o seu nome, quen o agarre ten que dicir cal cre que é a súa habilidade, virtude ou talento para traballar en equipo e volver a lanzalo. Así imos formando unha tea de araña onde todos e todas somos importantes para sostela, simplemente con que un solte o nobelo, a tea desfaise, reflexionamos que para que o traballo en equipo funcione é importante e necesario a colaboración de todos/as.
En asamblea falamos de que imos estar durante todo o ano nos mesmos equipos e que imos que ter que por o mellor de nós e saber ver o mellor de cada un. Falamos dos roles dos equipos e das súas funcións.
Seguimos formando os equipos de traballo, repartindo roles e enchendo o caderno de equipo. Para decidir o nome do equipo facemos a dinámica do "Blanco e a diana" que tamén serve para coñecer mellor as nosas afeccións e gustos. Despois de encher a diana deben porse de acordo sobre o que teñen en común para decidir un nome que identifique o equipo.

Comentarios