AS MÁQUINAS DE GOLBERG DE 5º E 6º DE PRIMARIA

 O obxectivo principal da nosa 1ª tarefa foi deseñar e construir unha máquina de Goldberg empregando distintos materais para conseguir regar unha planta.
Antes de saber o que tíñamos que facer, observamos unha mesa con distintos materiais e  coa rutina rutina de pensamento “Vexo, penso, pregúntome”.imaxinamos e fixemos conxecturas sobre para que íamos empregar ese material.
Despois a través dunha lectura compartida descubrimos en que consiste o reto STEAM.
En equipo escollemos o material e  probamos, experimentamos e pensamos como podemos formar reaccións en cadea mentras cubrimos unha folla de rexistro do que vai funcionando.




Elaboramos un plan de construcción secuenciando os pasos e construímos un prototipo revisando os criterios establecidos de tempo e dimensións da máquina. O probamos, revisamos e observamos se hai erros para pensar unha solución.
E para rematar construimos a máquina  final e a presentamos en gran grupo explicando o proceso de construcción, problemas atopados e as solucións.

Comentarios