FORMACIÓN DE EQUIPO II

Continuamos formando os equipos, dos que xa decidimos o nome, así que agora toca facer o logo e o lema.
Para deseñar o logo empelamos a estructura coopertiva "Folio xiratorio"onde todos/as poñen a súa aportación.
A continuación inventamos un lema que os apoiará, motivará e animará para traballar e sentirse grupo, sobre todo nos momentos decisivos.

Para rematar a xornada facemos a lectura "Teño que decidirme" onde observarán que as decisións tomadas en grupo son mellores e máis eficaces que as tomadas individualmente.
Trátase dunha historia de supervivencia onde os alumnos/as terán que decidirse por uns obxectos concretos en lugar de outros, argumentando sempre a decisión. Primeiro individualmente elixirán os obxectos e despois consensuando co equipo decidirán os que realmente son os mellores para superar con éxito a misión.
Aquí podedes escoitar aos portavoces argumentando as súas decisións:


Comentarios