DINÁMICAS DE PRESENTACIÓN

Unha vez constituído o grupo de 5º e 6º de primaria que rotará polos distintos ámbitos durante todo o curso, toca coñecernos un pouquiño máis e establecer vínculos.
Comezamos cunha dinámica de presentación moi doada para aprender o nome de todos os compañeiros/as e crear un bo clima, "A Pelota". En cículo imos pasando a pelota e cada participante dice o seu nome, o que máis lle gusta e tamén recorda o que foron dicindo os seus compañeiros/as.
A continuación seguimos cunha lectura para reflexionar sobre que todos e todas temos algunha virtude ou habilidade importante para traballar en equipo e para preparlos e sensibilizalos en traballar de maneira cooperativa.
Despois de reflexionar sobre a lectura facemos un xogo con posits onde individualmente cada alumno/a escribe a súa/as virtude/s, talento/s ou habilidade/s na parte interior do posit que quedará oculta para os demais, e así na outra parte do posit os seus compañeiros/as escriben virtudes, talentos os habilidades que cren que ten esa persoa. E para rematar facemos unha posta en común onde cada alumno le o que lle escribiron os compañeiros/as e falamos sobre o que pensamos e se coincide co que nós criamos.
Rematamos a mañá definindo COOPERAR (Taballar en equipo axudándonos e poñendo o mellor de cada un para conseguir un obxectivo común) e facendo un cartel sobre "COOPERAMOS CANDO..."

Comentarios