Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

RE-INSPIRA

Imagen
 Seguimos informando!!!😁 Xa no segundo trimestre, as nenas e nenos de 3º e 4º de educación primaria descubriron que hai unha morea de xardíns flotantes ao longo do mundo. De feito, buscaron ao longo do planeta coa axuda de Atlas, google maps e mapamundis. Atopámonos con que estes xardíns contribúen a moitos dos ODS que coñecemos. Dada a súa utilidade, decidimos crear os nosos propios xardíns flotantes a escala con materiais de refugallo. Para poder construílos tivemos que informarnos sobre a súa construción, tomar medidas, chegar a acordos, decidir sobre a forma e os materiais, así coma a finalidade que ían ter; crear os prototipos, demostrar a súa flotación e resistencia... Toda unha tarefa de enxeñaría! Podedes ver a programación da tarefa no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/system/files/STEAM%203%C2%BA%20E%204%C2%BA%20EP%202%C2%BA%20TRIMESTRE.pdf

INVESTIGAMOS, PROBAMOS, E XOGAMOS!

Imagen
  Boas novas! Durante o primeiro trimestre os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria estiveron moi ocupados investigando sobre o corpo humano! Todo comezou con catro estacións de traballo que nos permitiron afondar no coñecemento sobre o noso corpo e a súa composición,   hábitos de vida saudable, conectividade e condutibilidade e sobre programación. Para iso, empregamos diversas fontes da biblioteca, ademais dos robots, o makey-makey, obxectos da vida cotiá... Na estación sobre o corpo tivemos que ler unha serie de pistas que nos ían guiando ao longo do taboleiro. Cada casa daba unha pista para poder localizar a palabra chave. Na zona de condutibilidade e conectividade tratamos d facer un piano con diferentes materiais, o que nos permitiu descubrir cales son mellores condutores. Para programar, tivemos diferentes retos; a medida que os pasabamos iamos conseguindo bonus que nos permitían ir facendo cada vez escenarios máis complicados. Fixemos de médicos e médicas, ...

XOGAMOS? ROBOTIZÁNDONOS CO SER HUMANO. TAREFA 1 DE 5º E 6º DE E.P.

Imagen
A primeira tarefa de STEAM en 5º e 6º consistiu en afianzar o coñecemento do corpo humano.  Combinando a gamificación, o traballo cooperativo, a robótica, a destreza manual, a investigación, a resolución de problemas...e a realidade aumentada coas tarxetas de Body Cards!!! As regras do Xogo insisten no traballo en equipo, con o que se traballa a organización, o respeto, a escoita e a participación de todos os membros. O obxectivo do Xogo é completar a silueta do corpo humano coas partes que se conseguen resolvendo os distintos retos:     1.- Os participantes debuxan sobre un papel a silueta humana co contorno dun membro do equipo.     2.- Sortean un número do 1 ao 11 para decidir o reto.     3.- Programan o robot para que chegue á casilla correcta.     4.- Debaixo de cada número hai unha tarxeta co reto sobre contidos do corpo humano. Para superamos poden buscar información nas body cards, nas fichas colgada...

TAREFA 2 STEAM INFANTIL. EN BUSCA DO AZUCRE AGOCHADO!

Imagen
 Nesta tarefa centrémonos nos ODS de Saúde e benestar. Comezamos a nosa tarefa cunha caixa con material variado: unha dentadura, libros sobre alimentación, azucre... Observamos que entre todos os elementos podía haber un vínculo: o azucre, e por ahí vai a nosa investigación. Realmente sabemos de onde ven o azucre? Canto azucre ten o que comemos? incluso alimentos que non deberían ter azucre, o teñen, e para iso, utilizamos as imaxes da web:  https://www.sinazucar.org  onde miramos aqueles alimentos máis frecuentes que consumen os cativos, e a cantidade de azucre que tiñan, e veíamos a equivalencia en bolsiñas de azucre. Nun vídeo, tamén observamos como é o proceso de elaboración do azucre, que pode vir da caña de azucre, do auga de coco, da remolacha... E comezamos a investigar se o azucre é bo ou malo para o noso corpo, e cal é a cantidade adecuada para tomar ao día se temos un consumo responsable. E para iso, utilizamos os libros da biblioteca, que nos axudaron moito, e...

PRIMEIRA TAREFA STEAM EN INFANTIL. PROGRAMANDO A RECICLAXE

Imagen
 Na primeira tarefa de STEAM en infantil fusionamos a reciclaxe e a programación. A primeira proposta foi a lectura do libro "Non é unha caixa" da editorial Kalandraka, e despois tiñan repartido polo espazo caixas e trozos grandes de papel para crear e xogar con elas, lembrando que para pasalo ben, non hai que facelo soamente con xoguetes mercados na tenda.  Despois pasamos a  investigar nos libros da biblioteca sobre reciclaxe: o que acontece co que tiramos aos diferentes cubos, cousas novas que se poden crear... No caso dos maiores, moitas cousas xa as lembraban, coma a separación nos diferentes contenedores, pero para os máis peques era algo máis novo e aproveitamos para poñer os carteis do que vai nos diferentes cubos na clase.  E o seguinte foi, pasar a programar!! Primeiro, transformámonos en robots, porque para aprender a programar un robot, o mellor é vivencialo co noso corpo. E como queremos axudar ao planeta, estes robots tiñan que levar o residuo ao lixo c...