PRIMEIRA TAREFA STEAM EN INFANTIL. PROGRAMANDO A RECICLAXE

 Na primeira tarefa de STEAM en infantil fusionamos a reciclaxe e a programación. A primeira proposta foi a lectura do libro "Non é unha caixa" da editorial Kalandraka, e despois tiñan repartido polo espazo caixas e trozos grandes de papel para crear e xogar con elas, lembrando que para pasalo ben, non hai que facelo soamente con xoguetes mercados na tenda.



 Despois pasamos a  investigar nos libros da biblioteca sobre reciclaxe: o que acontece co que tiramos aos diferentes cubos, cousas novas que se poden crear... No caso dos maiores, moitas cousas xa as lembraban, coma a separación nos diferentes contenedores, pero para os máis peques era algo máis novo e aproveitamos para poñer os carteis do que vai nos diferentes cubos na clase.


 E o seguinte foi, pasar a programar!!

Primeiro, transformámonos en robots, porque para aprender a programar un robot, o mellor é vivencialo co noso corpo. E como queremos axudar ao planeta, estes robots tiñan que levar o residuo ao lixo correspondente.



Os de 5 anos tamén probaron a programar nos Ipads con diferentes aplicacións coma a de Bee Bot ou Kodable.



Tamén xogamos con Bee Bot que ía cargado con diferentes residuos, e no tablero tiñan que buscar o contenedor adecuado e levar á abella co residuo.




E por último, crearon os seus propios taboleiros para xogar cos robots e os nenos e nenas de 5 anos programaron con Scratch Junior.




Se premedes neste enlace podedes ver a programación da tarefa: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/system/files/TAREFA%201%20steam%281%29.pdf


Comentarios