RE-INSPIRA

 Seguimos informando!!!😁


Xa no segundo trimestre, as nenas e nenos de 3º e 4º de educación primaria descubriron que hai unha morea de xardíns flotantes ao longo do mundo. De feito, buscaron ao longo do planeta coa axuda de Atlas, google maps e mapamundis.



Atopámonos con que estes xardíns contribúen a moitos dos ODS que coñecemos.



Dada a súa utilidade, decidimos crear os nosos propios xardíns flotantes a escala con materiais de refugallo. Para poder construílos tivemos que informarnos sobre a súa construción, tomar medidas, chegar a acordos, decidir sobre a forma e os materiais, así coma a finalidade que ían ter; crear os prototipos, demostrar a súa flotación e resistencia... Toda unha tarefa de enxeñaría!




Podedes ver a programación da tarefa no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/system/files/STEAM%203%C2%BA%20E%204%C2%BA%20EP%202%C2%BA%20TRIMESTRE.pdf

Comentarios