TAREFA 2 STEAM INFANTIL. EN BUSCA DO AZUCRE AGOCHADO!

 Nesta tarefa centrémonos nos ODS de Saúde e benestar. Comezamos a nosa tarefa cunha caixa con material variado: unha dentadura, libros sobre alimentación, azucre...


Observamos que entre todos os elementos podía haber un vínculo: o azucre, e por ahí vai a nosa investigación. Realmente sabemos de onde ven o azucre? Canto azucre ten o que comemos? incluso alimentos que non deberían ter azucre, o teñen, e para iso, utilizamos as imaxes da web: https://www.sinazucar.org onde miramos aqueles alimentos máis frecuentes que consumen os cativos, e a cantidade de azucre que tiñan, e veíamos a equivalencia en bolsiñas de azucre.

Nun vídeo, tamén observamos como é o proceso de elaboración do azucre, que pode vir da caña de azucre, do auga de coco, da remolacha...



E comezamos a investigar se o azucre é bo ou malo para o noso corpo, e cal é a cantidade adecuada para tomar ao día se temos un consumo responsable. E para iso, utilizamos os libros da biblioteca, que nos axudaron moito, e descubrimos que o azucre pode facernos dano na barriga e nos dentes. E para falar de dentes, acudiu unha hixienista dental, que contounos como lavar os dentes, a utilizar o fío dental ou os arcos, a importancia de lavar os dentes tres veces ao día, non consumir moito azucre...




E por último, cociñamos!!! e foron postres!! pero sabedes o mellor de todo... que os nosos postres non teñen azucre!!! fixemos madalenas e donuts, pero levaban: cenoria, plátano, mazo, avena, chocolate negro... Alimentos saudables para o noso corpo!! e nas tres clases saíron os postres riquísimos!!!



Podedes ver a programación da tarefa no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/system/files/TAREFA%202%20steam.pdf


Comentarios