INVESTIGAMOS, PROBAMOS, E XOGAMOS!

 

Boas novas!

Durante o primeiro trimestre os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria estiveron moi ocupados investigando sobre o corpo humano!

Todo comezou con catro estacións de traballo que nos permitiron afondar no coñecemento sobre o noso corpo e a súa composición,  hábitos de vida saudable, conectividade e condutibilidade e sobre programación. Para iso, empregamos diversas fontes da biblioteca, ademais dos robots, o makey-makey, obxectos da vida cotiá...

Na estación sobre o corpo tivemos que ler unha serie de pistas que nos ían guiando ao longo do taboleiro. Cada casa daba unha pista para poder localizar a palabra chave.

Na zona de condutibilidade e conectividade tratamos d facer un piano con diferentes materiais, o que nos permitiu descubrir cales son mellores condutores.

Para programar, tivemos diferentes retos; a medida que os pasabamos iamos conseguindo bonus que nos permitían ir facendo cada vez escenarios máis complicados.

Fixemos de médicos e médicas, a través do xogo do "Virus", facéndolle un historial clínico ao noso ou nosa paciente, recomendándolle hábitos de vida saudables para unha mellor recuperación.

Grazas a esta investigación, puidemos acabar creando cada equipo un xogo para poder aprender de xeito divertido, seguindo os pasos do Desing Thinking. Todo un reto!
 Deixámosvos un breve resumo do proxecto que estivemos artellando!



Podedes ver a programación da tarefa no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/system/files/PLANTILLA%20TAREFA.pdf



Comentarios