Jane Goodall e os Ecoinventos

 🙉O alumnado de infantil no ámbito STEAM estivo investigando sobre Jane Goodall e a importancia de coidar aos animais ao longo deste curso. 

Tivemos unha primeira aproximación e fixemos un mapa da empatía no que xogamos a empatizar con diferentes imaxes sobre animais. Despois, realizamos algún experimento e descubrimos curiosidades sobre os chimpancés. 

No segundo trimestre continuamos coa tarefa e decidimos realizar ecoinventos relacionados co coidado e axuda aos chimpancés: un refuxio, auga limpa... Para isto, construimos un refuxio con bloques de cartón e tamén fixemos un experimento con filtros de auga con materiais de refugallo. Por outra banda, quixemos que os ecoinventos tomaran vida e poder interacturar con eles, por iso despois traballamos co Makey-makey nas aulas. 












Comentarios

Entradas populares de este blog

OS PULMÓNS DAS CIDADES SOSTIBLES – STEAM cos ananos de infantil

TRANSPORTES, PROGRAMACIÓN E CONSTRUCCIÓN . MAQUETA DUNHA CIDADE SOSTIBLE