OS PULMÓNS DAS CIDADES SOSTIBLES – STEAM cos ananos de infantil
Unha cidade sostible é aquela que busca un equilibrio entre o desenvolvemento económico, social e ambiental, mellorando a calidade de vida dos seus habitantes sen comprometer os recursos naturais para as futuras xeracións. Unha cidade sostible caracterízase pola xestión eficiente dos recursos, a mobilidade sostible, espazos verdes, construcións sostibles, inclusión social, adaptación ó cambio climático e participación cidadá. Así, este ano no ámbito STEAM, e en relación co ODS11: Cidades e comunidades sostibles, quixemos abordar este tema e concienciar aos nosos pequenos e pequenas, así como o resto da comunidade educativa. Cada ciclo centrouse nun destes aspectos, sendo en infantil os encargados de abordar as zonas verdes e a reciclaxe. É moi importante dispoñer de zonas verdes nas cidades, xa que estas son capaces de combater a contaminación atmosférica e os niveis de calor e ruído; e brindan oportunidades p...
Comentarios
Publicar un comentario