A MÁQUINA GOLDBERG EN PRIMEIRO E SEGUNDO PRIMARIA

STEAM

A realización da primeira tarefa Steam en primeiro e segundo de primaria foi todo un éxito. Os nenos explicaban con entusiasmo nas xornadas de avaliación que durante a tarefa non so aprenderon moito senón que tamén gozaron cada segundo do tempo. Vendo as súas caras durante todo o proceso non hai dúbida de que os nenos aprenden cando están altamente motivados e cando poden facer, explorar, probar e experimentar...e todo isto, no ámbito Steam e a base da noso facer!!


A MÁQUINA DE GOLDBERG. SEMANA 1



A tarefa presentouse ao alumnado cunha mesa tapada por teas.

Despois de explicar brevemente que iamos traballar no ámbito Steam pasamos a acción. De pé, diante da mesa repleta de materiais da vida cotiá organizamos o noso pensamento respondendo a pregunta:

Que vemos?

E despois de escribir ou debuxar aquilo que vemos…

Que pensamos?

Darnos conta do noso pensamento non é un proceso fácil. Incluso os adultos non somos quen de diferencias pensamentos se non entrenamos esta habilidade.

E logo….
Que nos preguntámos?


Os nenos organizan todas estas ideas nunha tarefa escrita e ao rematar o secretario de cada equipo encárgase de recoller e recompilar todas as tarefas no caderno de equipo.


A MÁQUINA DE GOLDBERG. SEMANA 2





Cando traballamos en equipo temos que organizarnos, adquirir cargos e responsabilidades para poder facer mais que se traballaramos sós. Os coordinadores organizan o traballo, os axudantes encárganse de axudar no que se precise e os portavoces, falan en nome do equipo e explican as tarefas desenvoltas.


Despois de preparar o pensamento… planteámoslles o reto!!



CREAR UNA MÁQUINA DE GOLDBERG CON EFECTOS ENCADEADOS CO OBXECTIVO DE REGAR UNHA PLANTA!!

Como? podes repetilo?


Siii, todos os nenos precisaron comprender demasiados conceptos novos.. pero unha vez que comezaron a manipular e explorar cos materiais todo foi mais fácil… Comezaron a aparecer as ideas creativas, as asociacións válidas… e no primeiro día de tarefa, todos os equipos remataron a sesión cunha proposta de máquina.


A MÁQUINA DE GOLDBERG. SEMANA 3




Antes de despedirnos rematamos elaborando entre todo o equipo un mapa mental cos materiais utilizados na máquina. Isto axudounos a recompilar a información, estruturala e poder avaliar que elementos foron útiles e cales non.


Todos os nenos chegaban con ilusión o xoves a completar as súas máquinas aínda que antes de poñernos a crear un bocexo da máquina escribindo e debuxando todos os elementos.


Despois construían a máquina e facían probas para resolver erros. Isto foi o gran motor de aprendizaxe, OS ERROS. Equivocarse darse conta de por que, corrixir, voltar a intentalo…


 A MÁQUINA DE GOLDBERG. SEMANA 4





Non todas as máquinas conseguiron funcionar pero o obxectivo da tarefa cumpriuse gracias as probas incansables dos nenos. Antes de rematar, os portavoces explicaban as súas máquinas e facíamos a proba final. Vivimos moitas emocións neses intres.

Despois avaliamos os resultados e o noso traballo en equipo. 
 Fomos un equipazo?
Traballamos xuntos, nos axudamos, nos animamos e respectamos? Aprendimos e rematamos a tarefa?


BO TRABALLO EQUIPOS

Comentarios