A MÁQUINA GOLDBERG EN PRIMEIRO E SEGUNDO PRIMARIA
STEAM A realización da primeira tarefa Steam en primeiro e segundo de primaria foi todo un éxito. Os nenos explicaban con entusiasmo nas xornadas de avaliación que durante a tarefa non so aprenderon moito senón que tamén gozaron cada segundo do tempo. Vendo as súas caras durante todo o proceso non hai dúbida de que os nenos aprenden cando están altamente motivados e cando poden facer, explorar, probar e experimentar...e todo isto, no ámbito Steam e a base da noso facer!! A MÁQUINA DE GOLDBERG. SEMANA 1 A tarefa presentouse ao alumnado cunha mesa tapada por teas. Despois de explicar brevemente que iamos traballar no ámbito Steam pasamos a acción. De pé, diante da mesa repleta de materiais da vida cotiá organizamos o noso pensamento respondendo a pregunta: Que vemos? E despois de escribir ou debuxar aquilo que vemos… Que pensamos? Darnos conta do noso pensamento non é un proceso fácil. Incluso os adultos non somos quen de diferencias pensamentos ...