Entradas

Mostrando entradas de junio, 2025

LUZ, SCRATCH E ACCIÓN! 2º Ciclo

Imagen
 Ao longo deste curso, todo o alumnado do centro participou nun proxecto común no ámbito STEAM: a creación dunha maqueta colaborativa dunha cidade sostible . Na etapa de Infantil , traballouse a importancia das zonas verdes , o reciclaxe , os composteiros e outros elementos relacionados coa horta escolar . Estes conceptos foron abordados de forma manipulativa e vivencial, adaptándose aos intereses e necesidades do alumnado máis pequeno. En Primaria , o proxecto desenvolveuse por ciclos: O primeiro ciclo centrouse nos transportes sostibles , analizando as vantaxes de diferentes medios de transporte respectuosos co medio ambiente. O segundo ciclo afondou no estudo da electricidade , traballando como se xera, consumía e podía ser utilizada de forma eficiente. O terceiro ciclo dedicouse ás vivendas sostibles , investigando materiais, formas de aforro enerxético e solucións intelixentes para a vida cotiá. A robótica educativa tamén estivo presente en cada ciclo, adapt...

OS PULMÓNS DAS CIDADES SOSTIBLES – STEAM cos ananos de infantil

     Unha cidade sostible é aquela que busca un equilibrio entre o desenvolvemento económico, social e ambiental, mellorando a calidade de vida dos seus habitantes sen comprometer os recursos naturais para as futuras xeracións.       Unha cidade sostible caracterízase pola xestión eficiente dos recursos, a mobilidade sostible, espazos verdes, construcións sostibles, inclusión social, adaptación ó cambio climático e participación cidadá.  Así, este ano no ámbito STEAM, e en relación co ODS11: Cidades e comunidades sostibles, quixemos abordar este tema e concienciar aos nosos pequenos e pequenas, así como o resto da comunidade educativa. Cada ciclo centrouse nun destes aspectos, sendo en infantil os encargados de abordar as zonas verdes e a reciclaxe.       É moi importante dispoñer de zonas verdes nas cidades, xa que estas son capaces de combater a contaminación atmosférica e os niveis de calor e ruído; e brindan oportunidades p...

TRANSPORTES, PROGRAMACIÓN E CONSTRUCCIÓN . MAQUETA DUNHA CIDADE SOSTIBLE

Imagen
  No proxecto “ Maqueta dunha cidade sostible”, o alumnado de 1º e 2º traballou ao longo dos tres trimestres nun proxecto global centrado no deseño e creación dunha  cidade sostible . Este proxecto combinou coñecementos de ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas (STEAM), fomentando a creatividade, o pensamento computacional e a concienciación ambiental.   A proxecto organízouse en tres fases, unha para cada trimestre: -         No primeiro trimestre centrámonos no estudo das diferentes fontes de enerxía que empregan os diferentes tipos de transportes que podemos atopar nunha cidade e a pegada de carbono que deixan no planeta. Coñecemos diferentes tipos de enerxía que poden usar para moverse descubrindo que existen fontes de enerxía limpas(renovables) e sucias(non renovables). Construimos medios de transportes sostibles con legos e material de refugallo e coñecemos conceptos básicos sobre  a programación e a súa importanci...