SOBRE RODAS 2º ciclo

“Sobre rodas” é unha tarefa que abarcou todo o curso en todos os niveis educativos do ámbito STEAM que tivo 3 obxectivos principais:
  1. Converter ó alumnado en pequenos e pequenas expertas no coñecemento de máquinas simples e complexas, e así poder crear unha carrilana.
  2. Organizar un encontro de carrilanas en Tui no marco do IV Congreso EducODS #Axenda 2030.
  3. Poñer en valor a tradición e a cultura galega.
A tarefa organizouse en tres fases, unha para cada trimestre:
  • No primeiro trimestre afondamos na orixe e historia das carrilanas achegándonos a outro tempo e outros escenarios da infancia (a posguerra da Guerra Civil Española). Indagamos na mecánica destes vehículos que non sería posible sen a existencia das primeiras máquinas simples, a rampla e a roda, entre outras. Estudamos a relación das forzas esenciais que interaccionan nestas máquinas e, para finalizar, construímos modelos a tamaño reducido das futuras carrilanas. Estas maquetas de carrilanas a tamaño reducido foron o produto final desta primeira fase.
          Comezamos a nosa tarefa co seguinte vídeo de motivación que nos serviu de inspiración:
    
          E este foi o noso resultado: 
                               
  • No segundo trimestre aprendemos a facer un presuposto, a utilizar a calculadora, a medir as pezas utilizando o metro, buscamos os materias precisos para levar a cabo a construción a tamaño real dos nosos vehículos sostibles (coa axuda da comunidade educativa), fixemos unha lista de material e aprendemos a utilizar ferramentas como o taladro ou os desparafusadores eléctricos. Con todo isto, construimos as nosas carrilanas a tamaño real. Aquí unha most
  • Por último, no terceiro trimestre traballamos na difusión e organización do noso evento que se celebro no marco do IV Congreso EDUCODS. Fixemos uns vídeos promocionais coa app Stop Motion e uns carteis, que despois repartimos polos negocios de Tui, coa técnica de collage: 









Comentarios