ROBOTÍZATE CO SER HUMANO

 



Este trimestre no ámbito STEAM traballamos o corpo humano a través de diferentes retos e coa gamificación e a robótica como protagonistas.

Na primeira parte da tarefa tivemos que ir resolvendo pequenos retos sobre o corpo humano, as súas partes, a respiración, a nutrición e os hábitos saudables; e na segunda, iniciámonos na programación utilizando o programa informático “Scrath JR”, onde por parellas, utilizando unha tablet, creamos un escenario e uns personaxes que nos contaban curiosidades aprendidas nos retos: que o máis importante nunha dieta saudable é beber auga, que o óso máis longo do corpo é o fémur e que se atopa na perna, que temos un músculo que nos axuda a respirar que se chama diafragma ou que comer demasiados produtos procesados e con moito azucre non é bo para a nosa saúde.

Cada equipo tiña un taboleiro coma este e un escornabot:


Por quendas, tiramos un dado e tiñamos que mover o robot á cela correspondente para despois coller o reto con ese número e tentar supéralo buscando información nas imaxes e carteis que estaban distribuídos pola clase.  Por cada reto superado, recibimos unha peza dun rompecabezas que finalmente, entre todos, tivemos que resolver.

Os reto a resolver foron os seguintes: 

Reto 1: Buscar similitudes e diferencias entre o corpo dunha vaca, un golfiño e un porco e os do ser humano.

Reto 2: Elaborar unha pirámide alimenticia e facer un analise da mesma.

Reto 3: Debuxar a silueta dun compañeiro e sinalar as partes máis importantes do noso corpo.

Reto 4: Recortar e construír un esqueleto xigante e responder a unhas preguntas sobre os principais ósos da nosa cabeza, tronco e extremidades.

Reto 5: Elaborar un menú saudable con almorzo, media mañá, comida, merenda e cea.

Reto 6: Construír uns pulmóns artificiais e aprender as partes máis importantes do aparello respiratorio (nariz e boca, tráquea, pulmóns e diafragma).

Unha vez superados todos os retos, comezamos a coñecer o mundo da programación. Aprendemos que é programar e como se programa contestando a unha serie de preguntas: por que a televisión sabe que cando lle damos ao botón vermello ten que apagarse?; ou porque a lavadora ten diferentes programas e dependendo do que escollamos fai unhas cousas ou outras?; e por que Mario Bross, cando lle damos a X no mando da consola, salta?... Tras reflexionar sobre todo isto, coa aplicación SCRATCH JR, programamos os nosos propios clips de vídeo.

No seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=vb4e3qrrdnU&ab_channel=CEIPN1TUI poderes ver uns pequenos vídeos resumo de como traballamos na clase no ámbito STEAM:



Seguiremos mellorando o mundo cunha mirada STEAM!





Comentarios