COÑECÉMONOS MÁIS! Dinámicas de cohesión grupal.


Durante as catro primeiras sesións dos Ámbitos de Aprendizaxe realizamos diferentes DINÁMICAS DE COHESIÓN GRUPAL co fin de coñecernos un pouco máis e crear vínculos afectivos entre todos.
No noso caso, o Ámbtio STEAM de 1º e 2º de Educación Primaria lévanse a cabo na aula de primeiro, polo que foi alí onde realizamos as dinámicas, xogos e actividades que se presentan a continuación:
1. CÍRCULO-PELOTA 
Os círculos crean comunidade, igualdade, seguridade e confianza, é dicir, axudan a construir conexións e sentimentos de pertenza no grupo. 
Para levalos a cabo necesitamos, sempre, 3 elementos básicos: 
    - OBXECTO FACILITADOR. Nesta ocasión utilizamos unha pelota.
    - GUÍA. A mestra.
    - PREGUNTAS: Algúns exemplos das que utilizamos son...
          · Se foras un animal, que animal serías?
          · Cal é a túa comida favorita?
          · Eu levaríame a unha illa deserta...

    · Se foras de viaxe á lúa a quen levarías contigo?

                         

2. XOGOS
Tamén realizamos algúns xogos que nos axudaron a divertirnos, a rirnos xuntos e a establecer vínculos afectivos positivos entre todos. Algúns dos que fixemos foron:

- UN OBXECTO ESPECIAL:
Todos trouxemos un obxecto especial para nós e explicamos por que nos gustaba tanto.
- SILUETAS POSITIVAS:
Debuxamos a silueta das nosas mans e as compañeiras e compañeiros escribiron nelas cuailidades ou características positivas sobre nós. Cantas cousas bonitas saíron!
                                         
- CADA OVELLA COA SÚA PARELLA:
Repartimos unhas tarxetas de animais de granxa. Cada un de tiña que atopar a súa parella pero...¡ollo!, non se podía falar, só podíamos camiñar como o noso animal e facer o seu son característico. Gustounos tanto que repetimos o xogo varias veces.

3. CONTOS:
Escoitamos, dramatizamos e fixemos debates e murais. Primeiro escoitamos os contos (O Peixe Arco Iris, A Cebra Camila e A que sabe a Lúa). Despois reflexionamos sobre eles e finalmente fixemos uns murais colaborativos utilizando a estrutura "Folio Xiratorio".

E tras estas catro sesións de cohesión grupal, comezamos coas tarefas.

Ata a próxima entrada! 
                              
   



Comentarios