PEQUENOS CIENTÍFICOS, GRANDES DESCUBREMENTOS. Primeiro e segundo



Volvemos o ámbito STEAM cunha tarefa onde a experimentación é a PROTAGONISTA. Esta vez os nosos cativos convertíronse en PEQUENOS CIENTÍFICOS e realizaron GRANDES DESCUBREMENTOS!!
Como xa sabedes no ámbito STEAM desenvolvemos tarefas involucradas coas matemáticas, as ciencias, a tecnoloxía e as artes. Por iso, nesta ocasión, o alumnado tiña o RETO de CREAR UN TITORIAL EN VÍDEO no que explicaran as súas conclusións despois dos experimentos.
Aquí tes PASO A PASO todos os aprendizaxes e actividades que fixemos: 

PASO A PASO
martes
1. CÍRCULO:  Xuntamonos para seguir formando equipos de persoas que se coñecen e que descubren cualidades comúns e diferencias. Respondemos a pregunta: Se foras auga, terra, aire ou fogo… Que elemento natural serías?
2. EXPLICACIÓN RETO: Somos científicos. Imos facer 5 experimentos e gravar un titorial explicando un de eles
  • Fase HIPÓTESIS: Nesta fase cada nen@ escribe nunha folla de rexistro a súa hipótese ( pensamento) sobre cal vai a ser o resultado da experimentación
  • Fase EXPERIMENTACIÓN: Este é o momento de practicar e usar os materiais. Imos comprobar:
    • VISTA: De que cor é a auga? Neste experimento os nenos/as tiñen a auga con colorantes para darse conta que a visibilidade de obxectos a través da auga pura e a millor porque esta é transparente ou incolora.
    • GUSTO: A que sabe a auga? Neste experimento os nenos/as proban augas con sabores e auga pura para darse conta que a auga a recoñecen porque non ten sabor, é insípida.
    • TACTO: Pode tocarse a auga? Neste experimento miran imaxes de auga en diferentes estados e pensan se poden tocala e de ser así con que obxecto a transportarían. Con esta reflexión poden darse conta que a auga pode tocarse e sentirse en en todos os seus estados.
    • OLFATO: A que cheira a auga? Neste experimento os nenos/as cheiran vasos con auga con diferentes olores e un con ningún cheiro para darse conta de que recoñecen a auga porque esta é inolora.
    • OÍDO: A que soa a auga? Neste experimento os nenos/as escoitan diferentes audios con sons de auga no mar/río/vaso/grifo/wc/choiva e tratan de identificar os sons para darse conta de que a auga pode ter moitos sonidos.
  • Fase CONCLUSIONS: Despois da experimentación chega o momento de chegar a conclusións. Son as mesmas que as hipótesis? o meu pensamento cambiou?

3. ROLES DE EQUIPO: Funcions


  • Coordinador: É o encargado de levar a orde nas fases do experimento
  • Secretario: Reparte e recolle as follas de rexistro dos experimentos
  • Axudante: Recolle os materiais e deixa todo ordenado
  • Portavoz: Fala no titorial coa axuda dos seus compañeiros

4. EXPERIMENTOS Realizamos en equipos os experimentos utilizando estas follas de rexistro. Preme aquí para descargalas.




5. CÍRCULO:
  • Que dificultades ATOPAMOS?
  • Completamos a tarefa?

                           PASO A PASO

                                    xoves

  1. CÍRCULO: Que lugar con auga gústache máis?
  2. RECORDAMOS ROLES DE EQUIPO e OS COMPROMISOS PERSOAIS

Que podo MELLORAR para que o traballo en EQUIPO funcione mellor?
  • Ser mais respetuoso?
  • Aportar mais ideas?
  • Axudar a os meus compañeiros cando non saben facer algunha tarefa?
  • Ser paciente?
  • Escoitar e atender nas explicacións?
  • Permitir que as ideas de outros poden desenvoverse?
  • Participar mais na tarefa sen distraerme?
  • Falar con mais amabilidade?
  • Ser mais ordeado

3.RETO: Grabar o titorial co experimento elexido polos portavoces



4. CÍRCULO:
  • Avaliación de CARGOS E COMPROMISOS.
  • Cubrir as follas de avaliación


Experimentar, manipular, errar, aprender en equipo...
Son moitísimas as habilidades que desenvolvemos!! Aprender facendo, sentindo, construíndo... 
Así aprenden as mentes do futuro!

Comentarios