CREA UN VIDEOXOGO CON DRAW YOUR GAME. Steam

No ámbito STEAM desenvolvemos tarefas que pongan en acción coñecementos sobre as matemáticas, as ciencias, a tecnoloxía e as artes. Deseñar tarefas tan completas non é sinxelo porque temos que ter en conta coñecementos diversos e xuntalos todos con propostas abertas, nas que os alumnos podan elexir diferentes camiños e logren arranxar obstáculos e dificultades se aparacen.

A tarefa 2 Steam ten en conta todas estas características. É unha tarfea divertida, que implica o compromiso de todos e executar un bo plan de acción.

A motivación inicial de crear un videoxogo para xogar nos patios da escola é un punto de partida estupendo.Ninguén di que no a este RETO!!



Comezamos?

Este é o NOSO PLAN DE ACCIÓN. Explicamos todos e cada un destes pasos. Unha vez nos poñemos a facer, paramos ao final de cada paso e reflexionamos. -Realizamos con éxito esta parte? - Atopamos obstáculos? - Soubemos arranxalos? Somos conscientes de que paso estamos a facer e se estamos en proceso ou rematamos cada un deles. 
Non so é importante o resultado, no noso proceso de aprendizaxe creemos que o camiño que percorremos, o proceso e cada un dos pasos que alcanzamos e igualmente valioso para nós!

1. XOGA COA APLICACIÓN e familiarízate coa dinámica do xogo fixándote moi ben no deseño das plataformas (NEGRO), dos perigos (VERMELLO), dos obxectivos (AZUIS) e dos trampolíns (VERDE)



2. FACEMOS UN BOCETO sinxelo e probamos como funciona.


3. DECIDIR O OBXECTIVO principal do noso xogo: escapar ou destruír elementos azuis.


4. No noso deseño ten que haber polo menos:

TRES FIGURAS XEOMÉTRICAS


5. REALIZAR CON INSTRUMENTOS DE MEDICIÓN as diferentes figuras xeométricas e deseñar o xogo.





6. ESCANEAR, EDITAR E PROBAR O XOGO usando a Tablet, modificando e axustando o que sexa necesario.




7. Coa RUTINA DE PENSAMENTO UN TITULAR, propoñemos diferentes títulos para o noso xogo


Queres ver como traballamos en Steam?

Comentarios