Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

FORMACIÓN DE EQUIPO II

Imagen
Continuamos formando os equipos, dos que xa decidimos o nome, así que agora toca facer o logo e o lema. Para deseñar o logo empelamos a estructura coopertiva "Folio xiratorio"onde todos/as poñen a súa aportación. A continuación inventamos un lema que os apoiará, motivará e animará para traballar e sentirse grupo, sobre todo nos momentos decisivos. Para rematar a xornada facemos a lectura "Teño que decidirme" onde observarán que as decisións tomadas en grupo son mellores e máis eficaces que as tomadas individualmente. Trátase dunha historia de supervivencia onde os alumnos/as terán que decidirse por uns obxectos concretos en lugar de outros, argumentando sempre a decisión. Primeiro individualmente elixirán os obxectos e despois consensuando co equipo decidirán os que realmente son os mellores para superar con éxito a misión. Aquí podedes escoitar aos portavoces argumentando as súas decisións:

FORMACIÓN DE EQUIPOS I

Imagen
Comezamos a mañá recordando a sesión anterior e cunha dinámica para continuar creando vínculos, favorecendo as relacións, o coñecemento mutuo e a distensión dentro do grupo, "A tea de araña". Novamente en círculo lanzamos o nobelo a un compañeiro/a dicindo o seu nome, quen o agarre ten que dicir cal cre que é a súa habilidade, virtude ou talento para traballar en equipo e volver a lanzalo. Así imos formando unha tea de araña onde todos e todas somos importantes para sostela, simplemente con que un solte o nobelo, a tea desfaise, reflexionamos que para que o traballo en equipo funcione é importante e necesario a colaboración de todos/as. En asamblea falamos de que imos estar durante todo o ano nos mesmos equipos e que imos que ter que por o mellor de nós e saber ver o mellor de cada un. Falamos dos roles dos equipos e das súas funcións. Seguimos formando os equipos de traballo, repartindo roles e enchendo o caderno de equipo. Para decidir o nome do equipo facemos a dinámica...