Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

COMUNIDADE FREAK 2 Infantil e Primeiro

Imagen
2º tarefa ámbito steam infantil e 1º de E.P "Comunidade Freak" Seguimos coa nosa tarefa “Comunidade Freak” deseñando e confeccionando o noso propio cosplay . Utilizamos roupa vella, comprendendo que a REUTILIZACIÓN é o primeiro paso para frenar a contaminación. Primeiro investigamos de onde ven a roupa que usamos, como e onde se fai e cal é a pegada ecolóxica da industria téxtil. Descubrimos que un dos grandes tóxicos son os tintes que se utilizan para dar cor ás nosas prendas e buscamos alternativas naturais para darlle cor ao noso cosplay. Centrámosnos na elaboración de capas e bastóns como complemento da nosa personaxe. Descubrimos plantas con pigmentos moi fortes, aprendimos a tinguir con eles, cortar, atar, poñer botóns e deixamos voar a nosa imaxinación para decorar as nosas capas.   

COMUNIDADE FREAK 1 Infantil e Primeiro

Imagen
                               1º tarefa ámbito steam Infantil e 1º E.P   "comunidade freak"   “Comunidade Freak” é unha tarefa na que nos aproximamos ao mundo do cosplay e desenvolvemos todas as habilidades e destrezas que implica a confección artística dun atuendo. Covertímonos en Cosmakers e para iso utilizamos distintas ferramentas para desenvolver o proceso paso a paso dende a fase inicial de deseño ata a o producto final que nesta primeira parte da tarefa foi a confección dunha máscara que representará o rostro do noso cosplay.