Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

TAREFA 2 ESTEAM (2º TRIMESTRE) : NEN@-ARQUITECTURA

Imagen
Unha tarefa na que avanzamos dende o coñecemento de aspectos ligados a arquitectura ata a creación de prototipos e estruturas en gran tamaño. 1. COMPROMISOS: Seguimos avanzando na consolidación do concepto de compromiso. Estes conforman eses obxectivos persoais ligados ao desenvolvemento como actores dun equipo. Para isto analizamos que aspectos debe mellorar cada un, tanto para evolucionar de xeito individual, pero poñendo especial énfase no que precisa o equipo de cada un/unha para funcionar mellor. É un dos xeitos que utilizamos para interiorizar que no traballo en equipo deixamos de ser “eu” para ser “nós”, partimos da participación individual e cooperativa para conformar resultados como equipo. 2.  INVESTIGACIÓN:: comezamos a tarefa cunha chuvia de ideas o carón da arquitectura recopilando o que sabemos e contrastando a información coas achegas do grupo e do profesor. Tras isto establécense tres liñas de investigación en cada un dos grupos: - Arquitectura en Galicia. - Casas d...