ROBOTÍZATE CO SER HUMANO
Este trimestre no ámbito STEAM traballamos o corpo humano a través de diferentes retos e coa gamificación e a robótica como protagonistas. Na primeira parte da tarefa tivemos que ir resolvendo pequenos retos sobre o corpo humano, as súas partes, a respiración, a nutrición e os hábitos saudables; e na segunda, iniciámonos na programación utilizando o programa informático “ Scrath JR ”, onde por parellas, utilizando unha tablet, creamos un escenario e uns personaxes que nos contaban curiosidades aprendidas nos retos: que o máis importante nunha dieta saudable é beber auga, que o óso máis longo do corpo é o fémur e que se atopa na perna, que temos un músculo que nos axuda a respirar que se chama diafragma ou que comer demasiados produtos procesados e con moito azucre non é bo para a nosa saúde. Cada equipo tiña un taboleiro coma este e un escornabot: Por quendas, tiramos un dado e tiñamos que mover o robot á cela correspondente para despois coller o reto con ese número e tentar...