Durante as catro primeiras sesións dos Ámbitos de Aprendizaxe realizamos diferentes DINÁMICAS DE COHESIÓN GRUPAL co fin de coñecernos un pouco máis e crear vínculos afectivos entre todos. No noso caso, o Ámbtio STEAM de 1º e 2º de Educación Primaria lévanse a cabo na aula de primeiro, polo que foi alí onde realizamos as dinámicas, xogos e actividades que se presentan a continuación: 1. CÍRCULO-PELOTA Os círculos crean comunidade , igualdade, seguridade e confianza , é dicir, axudan a construir conexións e sentimentos de pertenza no grupo. Para levalos a cabo necesitamos, sempre, 3 elementos básicos: - OBXECTO FACILITADOR. Nesta ocasión utilizamos unha pelota. - GUÍA. A mestra. - PREGUNTAS: Algúns exemplos das que utilizamos son... · Se foras un animal, que animal serías? · Cal é a túa comida favorita? · Eu levaríame a...