PEQUENOS CIENTÍFICOS, GRANDES DESCUBREMENTOS. Primeiro e segundo
Volvemos o ámbito STEAM cunha tarefa onde a experimentación é a PROTAGONISTA . Esta vez os nosos cativos convertíronse en PEQUENOS CIENTÍFICOS e realizaron GRANDES DESCUBREMENTOS!! Como xa sabedes no ámbito STEAM desenvolvemos tarefas involucradas coas matemáticas, as ciencias, a tecnoloxía e as artes . Por iso, nesta ocasión, o alumnado tiña o RETO de CREAR UN TITORIAL EN VÍDEO no que explicaran as súas conclusións despois dos experimentos. Aquí tes PASO A PASO todos os aprendizaxes e actividades que fixemos: PASO A PASO martes 1. CÍRCULO: Xuntamonos para seguir formando equipos de persoas que se coñecen e que descubren cualidades comúns e diferencias. Respondemos a pregunta: Se foras auga, terra, aire ou fogo… Que elemento natural serías? 2. EXPLICACIÓN RETO: Somos científicos. Imos facer 5 experimentos e gravar un titorial explicando un de eles Fase HIPÓTESIS: Nesta fase cada nen@ escribe nunha folla de rexistro a súa hipótese ( pensamento) sob...