Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2019

DINÁMICAS DE PRESENTACIÓN

Imagen
Unha vez constituído o grupo de 5º e 6º de primaria que rotará polos distintos ámbitos durante todo o curso, toca coñecernos un pouquiño máis e establecer vínculos. Comezamos cunha dinámica de presentación moi doada para aprender o nome de todos os compañeiros/as e crear un bo clima, "A Pelota". En cículo imos pasando a pelota e cada participante dice o seu nome, o que máis lle gusta e tamén recorda o que foron dicindo os seus compañeiros/as. A continuación seguimos cunha lectura para reflexionar sobre que todos e todas temos algunha virtude ou habilidade importante para traballar en equipo e para preparlos e sensibilizalos en traballar de maneira cooperativa. Despois de reflexionar sobre a lectura facemos un xogo con posits onde individualmente cada alumno/a escribe a súa/as virtude/s, talento/s ou habilidade/s na parte interior do posit que quedará oculta para os demais, e así na outra parte do posit os seus compañeiros/as escriben virtudes, talentos os habilidades que c...

3,2,1...COMEZAMOS!!!

           BENVID@S AO ÁMBITO STEAM!!!      Neste ámbito trataremos de impulsar as “ Vocacións STEAM ” fomentando en todo momento a creatividade do alumnado para que aprende facendo. As actividades STEM proporcionarán aos nosos nenos e nenas un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da Ciencia e as súas posibilidades de aplicación na Tecnoloxía.  _Ç